ola nenas/os,
esta entrada é un pouco seria, pero e que onte fun ver no CGAI un documental da productora de Mabel Rivera, a actriz de Mar Adentro, e Henrique Banet, o director de Senda Verde. O documental chámase o Salario do Silencio e dá unha idea bastante clara do problema xerado pola planta de gas de Reganosa en Mugardos (algo que leva sucedendo polo menos nos últimos 7 anos, e do que apenas nos acabamos de enterar)...
pola miña parte, quedei moi impresionada polo documental, que presentaron en directo tanto Mabel como Henrique, e pola posterior reflexión en forma de coloquio á que tiven a sorte de asistir.
Se tedes a oportunidade de velo, non o deixedes pasar, é moi bo.
Axuda moito a abrir os ollos á clase de mundo na que vivimos.
+ info sobre o tema:
Muros de silencio (libro publicado pola asociación cultural Fuco Buxán que conta a historia da planta de Reganosa e de todas as ilegalidades cometidas para a súa posta en marcha)
+ regadeles.info (web de denuncia sobre o caso, ten algo que ver con Namche Films, a productora de Mabel e Henrique)
+ buscade reganosa en google, e aparecen moreas de blogs, webs con información sobre o tema.
por certo: O PRÓXIMO DOMINGO 30 DE SETEMBRO HAI UNHA MANIFESTACIÓN EN FERROL, ÁS 12 DA MAÑÁN, QUE SAE DO PEIRAO DE FERROL, PARA PROTESTAR POLA UBICACIÓN DA PLANTA E PARA PEDIR QUE SE COLOQUE FORA DA RÍA
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
8 comentarios:
Frase do día (01-10-07):"Lo triste no es ir al cementerio, sino quedarse." (Woody Allen.)
Frase do día (02-10-07):"O aburrimento non pode existir onde queira que haxa unha reunión de bos amigos." (François-René de Chateubriand.)
Frase do día (03-10-07):"Si te caes sete veces, levántate oito." (Proverbio.)
Frase do día (04-10-07):"As venturas nunca veñen por pares, as desdichas nunca veñen soas." (Charles Dickens.)
Frase do día (05-10-07):"Unha vida sen propósito é unha morte prematura." (Johann Wolfgang von Goethe.)
Frase do día (06-10-07):"Os ollos non sirven de nada a un cerebro cego." (Proverbio árabe.)
Frase do día (07-10-07):"Cada vez que se encontre do lado da maioría, é tempo de facer unha pausa e reflexionar." (Mark Twain.)
Frase do día (08-10-07):"A oscuridade envólvenos a todos, pero mentras o sabio tropeza cunha parede, o ignorante está tranquilo no centro da estancia." (Anatole France.)
Publicar un comentario