martes, 9 de octubre de 2007

sOY dE lUJO y nO lO nIEJO

hola xentiña,

algúns (ou algunhas, máis ben) estádesvos queixando do pouco movemento que hai ultimamente na nosa comunidade blogueira... e tedes toda a razón do mundo, pero é que non se pode estar a todo! non se pode bloguear, saír de carallada, e por riba TRIUNFAR (ejem...)


xa sei que últimamente vou moi, pero que moi sobrada, pero que lle queredes??? teño motivos!
(tocando madeira) teño que recoñecer que estou nun bo momento persoal... aínda que a vida ás veces se empeñe en joderme, eu que son moi cazurra como xa sabedes, non me deixo!


non sei o que me durará esta boa racha, pero sí sei que teño intención de aproveitala ó máximo: e quero aproveitar para darvos as gracias a todos os que andades por aquí, creo que poucas veces na vida tíven unhaa sensación tan forte de ser querida dun xeito tan masivo!!!

XA SEI QUE SON UNHA XOIA... hai anos que non teño avoas, sintoo! pero flípame que por fín se dese conta tanta xente... así que aproveito para enviarvos a todos un bikiño colectivo: MUAKS, MUAKS!!!


e agora, cambiando de tema, e facendo honra do título de esta entrada, vou facer un pouco de apoloxía do luguismo!!! EU QUERO SER DE LUGO porque, todos vos aparte, a xente de lugo, e o ambiente de lugo é impresionante... e non me saiades pola tanxente que xa me tou imaxinando a cara de lurpias de algunhas, especulando sobre o porqué de este enamoramento de lugo.

Non hai en toda Galicia un lugar como lugo para saír!

Non hai xente en toda Galicia tan aberta, tan amistosa e tan asequible como a de lugo!

Non hai homes tan ............... como os de lugo!

etc...


así que se algún día vos enterades de que me mudei a lugo... non vos estrañaredes, verdade???

jejejejjj

bicos

Maruxa

23 comentarios:

lurifuri dijo...

Frase do día (09-10-07):"Saber é acordarse."(Aristóteles.)

lurifuri dijo...

Frase do día (10-10-07):"Contra a estupidez, ata os deuses loitan en vano."(Johann Wolfgang von Goethe.)

lurifuri dijo...

Frase do día (11-10-07):"Os homes superiores non se fan pola forza dos seus sentimentos, senon pola duración dos mesmos."(Friedrich Nietzsche.)

lurifuri dijo...

Frase do día (12-10-07):"Quéroche, non por quen es, senón por quen son cando estou contigo."(Gabriel García Marquez.)

lurifuri dijo...

Frase do día (13-10-07):"O arte é un compedio da natureza formado pola imaxinación."(José María E Ca de Queiroz.)

lurifuri dijo...

Frase do día (14-10-07: "Enfrentarse, sempre enfrentarse, é o modo de resolver o problema.¡Enfrentarse a el!."(Joseph Conrad.)

lurifuri dijo...

Frase do día (15-10-07):"Perdoa sempre ó teu inimigo, non hay nada que o ofenda máis."(Óscar Wilde.)

lurifuri dijo...

Frase do día (16-10-07):"A tinta máis pobre de color vale máis que a mellor memoria."(Proverbio chino.)

lurifuri dijo...

Frase do día (17-10-07):"Como non me preocupei de nacer, non me preocupo de morrer."(Federico García Lorca.)

lurifuri dijo...

Frase do día (18-10-07):"Só aquel que construe o futuro ten dereito a xuzgar o pasado."(Friedrich Nietzsche.)

lurifuri dijo...

Frase do día (19-10-07):"Vontade: impulso cego, oscuro e vigoroso, sin xustiza nin sentido."(Arthur Schopenhauer.)

lurifuri dijo...

Frase do día (20-10-07):"O sabio nunca di todo o que pensa, pero sempre pensa todo o que di."(Aristóteles.)

lurifuri dijo...

Frase do día (21-10-07):"Nada é máis despreciable que o respeto basado no medo."(Albert Camus.)

lurifuri dijo...

Frase do día (22-10-07):"As cousas máis belas son as que inspira a loucura e escribe a razón."(André Gide.)

lurifuri dijo...

Frase do día (23-10-07):"Os que están sempre de volta de todo , son os que non foron a ningunha parte."(Antonio Machado.)

lurifuri dijo...

Frase do día (24-10-07):"Cada fracaso enseñalle ó home algo que necesitaba saber."(Charles Dickens.)

lurifuri dijo...

Frase do día (25-10-07):"A única función do tempo é consumirse: arde sin deixar cinzas."(Elsa Triolet,novelista francesa.)

lurifuri dijo...

Frase do día (26-10-07):"O noso carácter é o resultado da nosa conducta."(Aristóteles.)

lurifuri dijo...

Frase do día (27-10-07):"Non sei si Deus creou ó home ou o home creou a Deus."(Feodor Dostoievski.)

lurifuri dijo...

Frase do día (28-10-07):"A estupidez insiste sempre."(Albert Camus.)

lurifuri dijo...

Frase do día (29-10-07):"A xente boa, si se pensa un pouco, é sempre xente alegre."(Ernest Hemingway.)

lurifuri dijo...

Frase do día (30-10-07):"Eu non falo de venganzas ni de perdóns, o olvido é a única venganza e o único perdón."(Jorge Luis Borges.)

lurifuri dijo...

Frase do día (31-10-07):"O que non cre na maxia nunca a atopará."(Roald Dahl.)