Bueno, Mugardos ou cualquera outro lugar costeiro de esta nosa Galicia que, desenganémonos, é moito máis perigosa, surrealista e intensa que cualquera Wichita ou Wisconsin desas da América do Norte.
Free Port (Porto Ceibe) é a crónica de cómo un policía que ía para bombeiro e quedou en “too much fire” termina sendo trasladado dende a súa Norteamérica natal a un pobo costeiro da Galicia máis auténtica para tratar de resolver un crimen: o asasinato do señor alcalde.

Vamos, surrealismo en estado puro, cabalgando entre o cine negro de sempre e o clown máis esperpéntico.
Unha obra cun guión cheo de acenos –ese vampiro (literalmente falando) da SGAE que trata de sabotear as festas patronais é todo un fito- e cunha enorme concesión ó costumismo máis hilarante e divertido.

(de pé a gran actriz Encarna/ María do Caramelo)
Xogando cunha serie de lugares comuns –a viuva lesbiana, a señora do pobo, os funcionarios inútiles…- Free Port consigue arrancar sonrisas todo o tempo, e carcajadas frecuentemente.
Unha posta en escea con acento feminino –apenas tres homes entre o elenco, eso sí, protagonistas-, e unhas personaxes caricaturizadas ata o extremo para convertilas en cómplices dun espectador que ve reflexados nelas tódolos arquetipos dos dous mundos que converxen no guión: a Galicia profunda e ambigua e eses Estados Unidos de homes duros e damas negras.

Mención aparte para os papeis secundarios, desenrolados só ata o punto no que a imaxinación gaña a partida: o compañeiro aparentemente idiota, a dona galega que na escaleira non se sabe se sobe ou baixa (“non é que non sepamos, é que cada día é diferente, pero saber sabemos”), as prostitutas trepas e profesionais da masaxe…
Unha obra entretenida, divertida, sen pretensions transcendentais e perfecta para animar unha tarde cualquera. E de esas tampouco abundan, así que, que aproveite.

1 comentario:
Ostras que ben está esta entrada, non sabía que estuveras de volta por eso non me deixer ver por aquí.
Ala a seghir blogheando= vagheando!
Publicar un comentario