jueves, 12 de noviembre de 2009

Oda á Vagancia

Alá vai... un ano dende a miña última entrada xa!
E non podo dicir que fose por falla de tempo, nin por ter pouco que contar, só por pura vagancia.
Agora, que teño todo o tempo do mundo, sigo sin ter moitas ganas de contar cousas, pero digo eu, será como todo, cuestión de poñerse.

Seguro que o síndrome do ollo aburrido me axuda a atopar cousas que contar. Hoxe, sen máis, fun dar unha volta despois de comer. A miña intención era a de achegarme ó mar, porque aínda que vivo na Coruña, vivo bastante de costas a el. En fin, o caso é que ó final os meus pés leváronme cara o porto... e non vin o mar, só os inmensos guindastres do porto. Ó que ía, paseando pola beirarrúa do porto vin uns carteis que anunciaban a SEMANA DA CIENCIA '09, que se estende dende o 9 ata o 22 de Novembro. E digo eu, ¿eso non é un pouco máis dunha semana??? ben podían chamarlle a QUINCENA DA CIENCIA'09, non? serei unha tiquismiquis??? estarei padecendo de verdade o síndrome do ollo aburrido???

Se é así... o que me espera!!!

3 comentarios:

Ri dijo...

aiiiiiiiiiiiiiiihhhhhh!!!que enviadia!! disfruta do tempo..cousa que algunhas ultimamente nos falta...mira ti que eu non fallaba a miña entrada semanal e xa levo uns diiñas sin publicar...de tódolos xeitos benvida o mundo blogueiro e o munde do disfrute contemplativo..eso de poder pararse un día e decidir ir ó mar..así porque si!! ten que ser estupendo!!! veña chuliña moito ánimo! coidate!
P.d que conste que a do ollo á virulé son eu (pero literalmente) a tuca pegoume a sua conxuntivitis (a partir de agora terei que medir máis nos meus achuchóns tukianos)

Ri dijo...

aiiiiiiiihhhhhhhhh escribira unha novela de comentario e perdeuse nalgún lugar do ciberespacio!!! en resumen! benvida o mundo blogueiro e contemplativo! bicazos!!

maruxa dijo...

Riiii!!! os teus comentarios non se perderon no ciberespacio!!! estaban á espera de pasar polo aro da miña censura. Olvidóuseme que agora son censora (dende que me persiguen os vendedores de VIAGRA). Prometo fixarme máis a partir de agora.
Bicos, bicos.