viernes, 8 de enero de 2010

Folerpiñas brancas e frrrrrrrrrrrrrias!

Pero qué frio fai!!! Esta mañán intentei ir a Compostela en coche e a medio camiño tiven que dar volta xa que a estrada estaba cuberta de xeo e parecía máis ben unha pista de patinaxe...
Onte, mentres andaba polas rúas de Compostela en busca de piso, comezou a nevar. Caían folerpiñas brancas e frias que non duraban máis de un segundo antes de se desfaceren. Qué ledicia! E qué frio!!!
Ri, penso no frío que debe facer por Lugo e non paro de tiritar! Qué ghaniñas de pasar calor, un pouquichiño só...

1 comentario:

Ri dijo...

Folerpiñasss??? aqui temos folerponas!! pero esta todo guapísimo..colguei as fotos no meu blog...tiñas que ver o que disfrutou a tuca coa neve, todo ia ben ata que se encarou cun boneco de neve...eche parva como a dona...mira o blogg a ver si che gusta como esta a carballeira de diante da casa...