lunes, 31 de diciembre de 2007

2008

Ola a tod@s!!!
hoxe é o último día do ano!!!!!!!!!!
xa fixéchedes os vosos propósitos para o ano novo???
eu aínda non... sempre deixando todo para o último minuto, jejejej
pero bueno....
mañán colgarei a miña lista de vos desexos e propósitos de enmenda, a ver se este ano son capaz de cumprir algún....

Non vos atragantedes cas uvas


cando cheguen as campanadas....


e.... sobre todo, coidado, moito coidado co alcohol....

se bebes non conduzas, pá qué tes as pernas???

lunes, 24 de diciembre de 2007

Pechado por HP


Xa sei que moitos botades de menos a miña presenza dixital, pero gracias a HP (Hewlett-Packard para os coñecidos) estou completamente fora do mundo dixital...
se queredes un consello gratuíto: nunca, nunca, nunca merquedes un ordenador HP (o seu servicio técnico postventa é unha auténtica basura).

Por certo, Bo Nadal, para os que poidades disfrutalo.

sábado, 20 de octubre de 2007

eu tamén teño vídeos frikis... alguén veu Hair???

estou farta de ser a que mete máis rollo no blog, así que eu tamén me vou dedicar o frikiworld




o primeiro vídeo... tería que traducirvos a canción... pero buscádevos a vida... e o segundo dedícollo especialmente a Rita e Cris, a versión Hair dunha das súas cancións favoritas....
tedes que ver esta peli, pero en versión orixinal subtitulada, non admite dobraxe... é xenial

cándo quedamos cunhas palomitas e cocacolas???

viernes, 12 de octubre de 2007

Updating Lurifuri

Dj, son un pouco desgraciada... xa o sei... pero é que no portátil, sen rato... non me apaño!!! A ver se nos poñemos ó día!

Frase do 01-10-07: "O triste non é ir ó cementerio, senon quedar." (Woody Allen)
xa empezamos ben... qué dijo eu agora??? pos o de sempre... depende... hai días que este corpo pide terra... (doulle unhas malleadas últimamente...)
Frase do 02-10-07: "O aburrimento non pode existir onde queira que haxa unha reunión de bos amigos." (François-René de Chateubriand)
Ja! ja... este non conoce a miña mini-pandi vikinga.............. (díjoo desde o cariño... por se acaso...)

Frase do 03-10-07: "Si te caes sete veces, levántate oito." (Proverbio)
de ónde é este proverbio Dj??? chino??? a versión Cantón Pequeño de la Coru es "si vives en un cuarto piso sin ascensor... acuerdate del pan cuando pases del tercero para arriba..." (vou acabar cun cú... puritita fibra...)
Frase do 04-10-07: "As venturas nunca veñen por pares, as desdichas nunca veñen soas." (Charles Dickens.)

pero as amijas cafres, sempre ímos de dúas en dúas... jejjjeej homenaxe a Crisis: "ESTOU FLIPANDO CON VOS..."
Frase do 05-10-07: "Unha vida sen propósito é unha morte prematura." (Johann Wolfgang von Goethe)

eso mismiño dío a V cando non se lle coloca o tupé no seu sitio... que peniña!!!
ou cando T non lle fai caso, jejejj
Frase do 06-10-07: "Os ollos non sirven de nada a un cerebro cego." (Proverbio árabe)

o que non ten cabesa ten pernas - proverbio vikingo
Frase do 07-10-07: "Cada vez que se encontre do lado da maioría, é tempo de facer unha pausa e reflexionar." (Mark Twain)

mmm, nenas, equivocábamonos.... V é unha jran muller: intelixente, encantadora...
Frase do 08-10-07: "A oscuridade envólvenos a todos, pero mentras o sabio tropeza cunha parede, o ignorante está tranquilo no centro da estancia." (Anatole France)
son unha muller sabiaaaaaaaaaaa, xa sabía eu!!!
Frase do 09-10-07: "Saber é acordarse."(Aristóteles)
que listo era o jodido...
Frase do 10-10-07: "Contra a estupidez, ata os deuses loitan en vano."(Johann Wolfgang von Goethe)
que llo prejunten a laura e emilió en français... beatriz! oui, c'est moi!
Frase do 11-10-07: "Os homes superiores non se fan pola forza dos seus sentimentos, senon pola duración dos mesmos."(Friedrich Nietzsche)
dillei, deixáchesma a juevo... non!!! non é a dos seus sentimentos a que os fai superiores!!! é a de... outra cousa, ejem... (sirva como exemplo o nenete/quinceañeiro da muralla)
Frase do 12-10-07: "Quéroche, non por quen es, senón por quen son cando estou contigo."(Gabriel García Marquez)
unha cafre???
Frase do 13-10-07: "O arte é un compedio da natureza formado pola imaxinación."(José María Eça de Queiroz)

o quinceañero da muralla sí que era un artista, snif...
Frase do 14-10-07: "Enfrentarse, sempre enfrentarse, é o modo de resolver o problema. ¡Enfrentarse a el!."(Joseph Conrad)
xa oíchedes non?? unhas ostias á V e problema resolto
Frase do 15-10-07: "Perdoa sempre ó teu inimigo, non hay nada que o ofenda máis."(Óscar Wilde)

mentira oscar, que lle pejes unhas ostias oféndeo bastante
Frase do 16-10-07: "A tinta máis pobre de color vale máis que a mellor memoria."(Proverbio chino)

estes chinos din unhas cousas tan raras...
Frase do 17-10-07: "Como non me preocupei de nacer, non me preocupo de morrer."(Federico García Lorca)

Ayyy Federico, Federico... e así nos foi.... por abandoado...
Frase do 18-10-07: "Só aquel que construe o futuro ten dereito a xuzgar o pasado."(Friedrich Nietzsche)
só os albañiles deberían chegar a xuices??? a filosofía nunca foi o meu forte...
Frase do 19-10-07: "Vontade: impulso cego, oscuro e vigoroso, sin xustiza nin sentido."(Arthur Schopenhauer)
que me obrija a comer chocolate tirada no sofá, traidora vontade... Frase do 20-10-07: "O sabio nunca di todo o que pensa, pero sempre pensa todo o que di."(Aristóteles) eu casi nunca dijo todo o que penso, pero "nunca" penso o que dijo!
Frase do 21-10-07: "Nada é máis despreciable que o respeto basado no medo."(Albert Camus)
a este nunca lle falaron do home do saco...
Frase do 22-10-07: "As cousas máis belas son as que inspira a loucura e escribe a razón."(André Gide)
todo ía ben ata que meteu á razón no medio...
Frase do 23-10-07: "Os que están sempre de volta de todo , son os que non foron a ningunha parte."(Antonio Machado)
son os libros jordos de petete da vida... que pensan que saben da vida máis que nadie...
Frase do 24-10-07: "Cada fracaso enseñalle ó home algo que necesitaba saber."(Charles Dickens)
entón eu tiña que ser unha eminensia...
Frase do 25-10-07: "A única función do tempo é consumirse: arde sin deixar cinzas."(Elsa Triolet)
porqué todos os franceses din paxaradas obvias???
Frase do 26-10-07: "O noso carácter é o resultado da nosa conducta."(Aristóteles)

en resumen, eu son risueña, alegre, boa, xenerosa, divertida porque.... son unha cafre??? qué guay! encántame aristóteles!
Frase do 27-10-07: "Non sei si Deus creou ó home ou o home creou a Deus."(Feodor Dostoievski)
Feodor, que non te coscas... foi a muller a que os creo ós dous... un día que non botaban Bea la Fea pola tele e se aburría un pouco... ande andarás...
Frase do 28-10-07: "A estupidez insiste sempre."(Albert Camus)
V, pogggfa, no seas pesada, deggga de metegggme mano que hoy no me apetece...
Frase do 29-10-07: "A xente boa, si se pensa un pouco, é sempre xente alegre."(Ernest Hemingway)
Vedes como Ernest sí que sabía, era amigo meu! Frase do 30-10-07: "Eu non falo de venganzas nin de perdóns, o olvido é a única venganza e o único perdón."(Jorge Luis Borges)
olvidóuseme o que ía poñer...
Frase do 31-10-07: "O que non cre na maxia nunca a atopará."(Roald Dahl)
encántame a maxia, busco un majo, majo... especialista en conexos... (toma cafrada, jajjajjj)



Bueno rulas, por hoxe creo que xa vos alegrei dabondo o día, non???
se hai algún "rulo" por aquí que non se ofenda... pero o poder e das mulleres nesta casa!

aburiño

martes, 9 de octubre de 2007

sOY dE lUJO y nO lO nIEJO

hola xentiña,

algúns (ou algunhas, máis ben) estádesvos queixando do pouco movemento que hai ultimamente na nosa comunidade blogueira... e tedes toda a razón do mundo, pero é que non se pode estar a todo! non se pode bloguear, saír de carallada, e por riba TRIUNFAR (ejem...)


xa sei que últimamente vou moi, pero que moi sobrada, pero que lle queredes??? teño motivos!
(tocando madeira) teño que recoñecer que estou nun bo momento persoal... aínda que a vida ás veces se empeñe en joderme, eu que son moi cazurra como xa sabedes, non me deixo!


non sei o que me durará esta boa racha, pero sí sei que teño intención de aproveitala ó máximo: e quero aproveitar para darvos as gracias a todos os que andades por aquí, creo que poucas veces na vida tíven unhaa sensación tan forte de ser querida dun xeito tan masivo!!!

XA SEI QUE SON UNHA XOIA... hai anos que non teño avoas, sintoo! pero flípame que por fín se dese conta tanta xente... así que aproveito para enviarvos a todos un bikiño colectivo: MUAKS, MUAKS!!!


e agora, cambiando de tema, e facendo honra do título de esta entrada, vou facer un pouco de apoloxía do luguismo!!! EU QUERO SER DE LUGO porque, todos vos aparte, a xente de lugo, e o ambiente de lugo é impresionante... e non me saiades pola tanxente que xa me tou imaxinando a cara de lurpias de algunhas, especulando sobre o porqué de este enamoramento de lugo.

Non hai en toda Galicia un lugar como lugo para saír!

Non hai xente en toda Galicia tan aberta, tan amistosa e tan asequible como a de lugo!

Non hai homes tan ............... como os de lugo!

etc...


así que se algún día vos enterades de que me mudei a lugo... non vos estrañaredes, verdade???

jejejejjj

bicos

Maruxa

jueves, 20 de septiembre de 2007

REGANOSA: O SALARIO DO SILENCIO

ola nenas/os,

esta entrada é un pouco seria, pero e que onte fun ver no CGAI un documental da productora de Mabel Rivera, a actriz de Mar Adentro, e Henrique Banet, o director de Senda Verde. O documental chámase o Salario do Silencio e dá unha idea bastante clara do problema xerado pola planta de gas de Reganosa en Mugardos (algo que leva sucedendo polo menos nos últimos 7 anos, e do que apenas nos acabamos de enterar)...
pola miña parte, quedei moi impresionada polo documental, que presentaron en directo tanto Mabel como Henrique, e pola posterior reflexión en forma de coloquio á que tiven a sorte de asistir.
Se tedes a oportunidade de velo, non o deixedes pasar, é moi bo.
Axuda moito a abrir os ollos á clase de mundo na que vivimos.
+ info sobre o tema:
Muros de silencio (libro publicado pola asociación cultural Fuco Buxán que conta a historia da planta de Reganosa e de todas as ilegalidades cometidas para a súa posta en marcha)
+ regadeles.info (web de denuncia sobre o caso, ten algo que ver con Namche Films, a productora de Mabel e Henrique)
+ buscade reganosa en google, e aparecen moreas de blogs, webs con información sobre o tema.

por certo: O PRÓXIMO DOMINGO 30 DE SETEMBRO HAI UNHA MANIFESTACIÓN EN FERROL, ÁS 12 DA MAÑÁN, QUE SAE DO PEIRAO DE FERROL, PARA PROTESTAR POLA UBICACIÓN DA PLANTA E PARA PEDIR QUE SE COLOQUE FORA DA RÍA

sábado, 15 de septiembre de 2007

september e lurifuri

estamos nun momento de cambios

ou polo menos eu estou

así que decidín facer algo diferente cas frases da Dillei, espero que vos guste.


Frase do 01-09-07: "A ignorancia vacila entre a extrema audacia e a extrema timidez." (Paul Valéry) ... pasando pola extrema estupidez... e non me pidades exemplos que non quero ser mala...

Frase do 02-09-07: "As ideas non duran moito. Hai que facer algo con elas." (Anónimo) ... por exemplo.... olvidalas??? é o máis habitual...

Frase do 03-09-07: "Gústanme máis os soños do futuro que a historia do pasado." (Thomas Jefferson) totalmente dacordo con él... así me vai!

Frase do 04-09-07: "Manda o que pode e obedece o que quere." (Alessandro Manzoni) ...jejejejj que mo dijan a min, que neso son unha experta!

Frase do 05-09-07: "É curioso, pero só cando ves ás persoas facer o ridículo, te das conta do moito que as queres." (Agatha Christie) ... algúen descubríu que me quere??? pois oportunidades de pillarme facendo o ridículo teñes que recoñecer que vos dou moitas! ou qué??

Frase do 06-09-07: "Falar moito de sí mesmo pode ser un medio de agocharse." (Friedrich Nietzche) ...

Frase do 07-09-07: "En tanto que haxa alguén que crea nunha idea, a idea vive." (José Ortega y Gasset) como dí unha gran filosofa da vida, qué bonito!, qué romántico! ... buffff

Frase do 08-09-07: "Ningún descubrimento se faría xa si nos contentásemos co que sabemos." (Lucio Annaeo Séneca) ... se iso é certo, acabo de descubrir ... que teño alma de descubridora...

Frase do 10-09-07: "O aburrimento é unha mala herba, pero tamén unha especia que fai dixerir moitas outras." (Johann Wolfgang von Goethe) ... eu ás malas herbas córtoas de raíz...

Frase do 11-09-07: "Toda a auga dos ríos non sería suficiente para lavar a man ensangrentada dun homicida." (Esquilo) ... mira tí por qué os nosos ríos están tan cheos de merda...

Frase do 12-09-07: "A caridade comenza na miña casa, e a xustiza na porta seguinte." (Charles Dickens) ... síntoo, eu por eso me mudei ó barrio da alegría!

Frase do 13-09-07: "Os preguiceiros sempre falan do que pensan facer, do que farán; os que de veras fan algo non teñen tempo de falar nin do que fan." (Johann Wolfgang von Goethe) ... uuuuuuuuuh... cantos preguiceiros coñezoooooo...

Frase do 14-09-07: "Un experto é unha persoa que cometeu tódolos erros que se poden cometer en determinado campo." (Niels Henrik David Bohr) ... buah, logo eu son unha experta en case todo... será por erros!

Frase do 15-09-07: "As nosas horas con amor, teñen ás, na súa ausencia, muletas." (Miguel de Cervantes Saavedra) ... amigo Cervantes, eres un incomprendido, agora xa só o Red Bull da ás.... nin amores, nin nada...

Frase do 16-09-07: "A morte é unha vida vivida. A vida é unha morte que ven." (Jorge Luís Borges) demasiado profundo para mín...

Frase do 17-09-07: "Ó neno ténselle que educar, non hai que domesticalo." (Anónimo) ... todo depende do que un queira, un fillo ou unha ovella... hai pais pa tódolos justos...

Frase do 18-09-07: "Todo o decisivo xurde, "a pesar de"." (Friedrich Nietsche) a pesar de...
Frase do 19-09-07: "O amor é a poesía dos sentidos." (Honoré de Balzac) e o sexo é a poesía dos músculos.
Frase do 20-09-07: "A fantasía non é outra cousa que un modo de memoria emancipado da orde do tempo." (Samuel Taylor Coleridge) bueno, buenoooooo, e aljunhas cousas máis...
Frase do 21-09-07: "A violencia é o último recurso do incompetente." (Isaac Asimov) ou o primeiro do impaciente
Frase do 22-09-07: "Hai quen porque golpea a parede cun martelo, cre cravar cravos." (Johann Wolfgang von Goethe) sabia frase, sí señor... hai quen pensa que porque lle pajan é porque traballa.
Frase do 23-09-07: "Si non te equivocaras de vez en cando, significa que non aproveitas todas as túas oportunidades." (Woody Allen) que queres que che dija, aínda que non as aproveitara todas... non pasaba nada...
Frase do 24-09-07: "Un proverbio é unha corta sentencia basada nunha longa experiencia." (Miguel de Cervantes Saavedra) menos lobos, ás veses son compendios de obviedades...

Frase do 25-09-07: "Non hai tontería maior e máis común que amargarse polas tonterías do mundo." (Michel Eyquem Montaigne) eso.... que se jodan las piedras!!!
Frase do 26-09-07: "A xente non busca razóns para facer o que quere facer, busca excusas." (William Somerset Maugham) a qué me soará esto??? podería poñer uns cuantos bos exemplos...
Frase do 27-09-07: "Non deixes para mañán o que podas facer hoxe." (Benjamín Franklin) por exemplo, copiar e pejar frases da dillei ata as tres da mañán... que moral teño...
Frase do 28-09-07: "O arte é a firma da civilización." (Beverly Sills) firma y tacha maruja la carracha... esto sí que é arte
Frase do 29-09-07: "Unha cousa sobre todo fai suxestivo o pensamento humano: a inquietude." (Anatole France) bla bla bla....
Frase do 30-09-07: "Si non chocamos contra a razón nunca chegaremos a nada." (Albert Einstein) a última vez que choquei con ela noqueeina e ajora escóndese de min! jooooo

miércoles, 12 de septiembre de 2007

Xa tou aqui

a que me botábades de menos???
xa sei que si, pero non vos queixedes que son rápida
xa estou aquí disposta a dar o callo e a contarvos un montón de cousiñas

o primeiro é que xa teño o meu portátil!!! yuuuuuuuuuupiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii
xa vos podo dar a lata todo o que queira e máis
de feito estou na miña habitación neste im-presionante "hostalacho" escribindo esta nova entrada aproveitando que podo gorronear dende aquí, sen moverme da cama, a rede wifi da taberna do lado, jejejejej

pos eso, xa teño arma de destrucción masiva.... onte fun ó carrefur, que había unha ofertasa para comprar un portátil oki, como o da vane, por 590 €, así que xa me vedes a mín saír correndo a por un, pero son uns desgraciados pq tiñan unidades de todos, menos do do ofertón....

e eu que son unha desesperada, acabei pillando un "máis acorde ó meu novo status" (pijicoruñensis agudix spp) e xa tou empufada pós próximos nove meses.... non caíra eu neso.... vai ser un intervalo looooooooongo, coma un embarazo....
só espero que o parto valla a pena....

en fin, non vos dou máis a tabarra que xa chega de literatura por hoxe....
e teño que pensar en durmir, que eu sonvos unha rapaza d'aldea e levo moi mal esto de durmir na cidade con tanto barullo.

bikiños,
maruxa

viernes, 3 de agosto de 2007

fAlemOs dE mÚsiKa

Acabo de coller o xornal e estou flipando....
coa cantidade de citas, encontros (chamémoslle x) musicáis
que podemos atopar este verán nun espacio tan PERIFÉRICO
coma Galicia..... e arredores.....

mentras buscaba o programa da Festa da Carballeira de Zas
lugar ó que nos diriximos en sacra peregrinación
na procura dunha inmersión folky



atopei o cartel dos concertos de Paredes de Coura,
e non podedes crer o que atopei...
Cris, esta vai para tí, o 14 de Agosto sabes quén toca???
Siiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii
Architecture in Helsinki!
Incredible....



Pero síntoo na alma, eu non podo ir....
teño unha cita IMPORTANTE ese día

Pa que logo digan que tes gustos freakies.....



Pois íso non é nada.... tamén en Paredes de Coura,
e agora mesmo na praia de Riazor tocan



Siiiiiiiiiiiiiiiiiiii
os New York Dolls!!
mamma mía

E por si fora pouco....
Rosendo en Ferrol
Barón Rojo e Jabon Blue en Muros
Manu Chao, Deluxe en Vigo
Lamatumbá e A Matraca Perversa no Millarock
e como olvidalos.....
os nosos favoritos...
A Compañía do Ruido no Carballiño (SenUnCan)
tras o seu espectacular concerto en Sarandón
(casa de cristo, km arriba, km abaixo)
do cal fomos testemuñas privilexiadas
nos, que non tivemos a sorte de saudar
á mascota do xabarín clube....



E non vou falar da Compañía do Ruido sen poñer
unha foto dos meus dous Compañeiros favoritos....
o que me dá chupas... o meu taberneiro prefe
e o que me dá disjustos...jrandullón



Donde se pode atopar máis????
A parte de no E-mule???
E pa rematar, prejúntome eu....
e
CANDO VOLVERÁN OS MEUS IDOLATRADOS????
A PASAR POR AQUÍ???

sábado, 21 de julio de 2007

Quén é Gary Indiana?


I was born at the end of the Truman
Administration in Manchester, New Hampshire.
I grew up at a time when no one locked the door
at anight and people left their car keys in the ignition
--an era of security that felt completely menacing
because of the Russian nuclear threat.
By the time I went to college,
America
had become a much more dangerous,
violent place.
I lived the '60s like much of my generation,

taking lots of LSD, fucking anything that moved,
and studying Marx.
In the 70s I dissipated in Los Angeles and then
started a theater company in New York.
I became a writer for the same reason Joan of Arc
took up arms against the English: I hear voices.
I was brought up Catholic on my mother's side
and atheist on my father's side.
I'm a little bit of both.
I travel whenever I can to the most obscure
and exotic places still on view in a world
that's becoming, by and large,
a replica of the Beverly Center Mall.


Atopeime cun libro seu por casualidade
e causoume un forte impacto a súa forma de escribir
(igual ten algo que ver o feito de que o leín en inglés.........)
si algún día vos atopades cun libro seu, non o deixedes escapar!





viernes, 6 de julio de 2007

arrapadasbestas

mañán ímos a Sabucedo
á rapa das bestas
vos creedes que nos deixarán entrar?
eu non estou moi segura.......
aínda que, ben mirado...
será por bestas.....
máis bestas ca nos
non hai moitas!





arriba o toxo power!!!
xa vos contarei en que queda a cousa



cada día somos máis.....
ritisú
lurifuri
crisis
nansishrekbillonsé
martaali
martrolas
mariquitaflamenca
suquebonitoqueromantico
yoli
lolacaramesforpresident
e etsetera.......................

martes, 3 de julio de 2007

agradecementos


Quero darvos as gracias ás catro polos vosos comentarios,
que me fan moitííiiiiiiiiiiiiiiiiisima ilusión.
A Mar por ser a primeira!
A Cris polo seu cd, jejej
A Rita polo seu testamento e o permiso para poñer a foto da formula 1
e a Vane por estar aquí tamén e pq me vai axudar a faser unhas fotasas da feira medieval
e a sobrelevar o disjusto de que non me levedes á Bretaña
porcas....

domingo, 1 de julio de 2007

ecodepor finde

O que máis me gusta no mundo é que os nosos plans nunca saian ben.....
nós queríamos ir á praia,
pasar o fin de semana espatarradas na toalla
e intentando coller un pouco de color,
que non nos sobraba a ningunha das dúas....

pois non, imposible...
o tempo aliouse na nosa contra
para que rematásemos as dúas facendo "ecoturismo" polo barbanza,
curota arriba, curota abaixo




cruzando regatos




etc....

e por se iso non era suficiente....
o domingo véxome arrastrada por unha garrula
a unha sesión maratoniana de un dos seus deportes acuáticos favoritos....




que ó principio era un pouco aburrido,
pero logo,
foise poñendo interesante....




non vos parece?

viernes, 29 de junio de 2007

o meu plan



estou emosionada,
acabo de ver a pinta do meu blog
e morro de orjullo!!!
por sierto, viva o orjullo gay que están de festa
que envidia
quen poidera estar en Chueca..... Su, aproveita e vai ó sair da serimonia....
non sexas parba!
aaaaaaaaaaaay
canto desperdisio, que peniña...
como diría a miña avoa.
volvendo ó tema, estou orjullosa dos meus inicios
e xa estou pensando no futuro
indo máis alá
e vendo unha comunidade de bloqueiros
merda
bloggeiros (síntoo, traisioname o incosciente este)
que vos parese a idea???
por fiiiiiiiii, deside que siiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii
Jeeelou, por fín vou estrear o meu blog que traballiño me costou!!! xa sabedes que son un pouco toupa con estas cousas e faime falta un pouco de axuda
pero o certo é que tou picada, mooooooooooooi picada, vendo os blogs de martrolas, de kiti e de ritisú............. eu tamén quero UN SUPER BLOG, .... a ver si pensades que non son capás eu de ter pensamentos profundos como todas vos!


bueno, moito non pero de ves en cando aljún tamén me sae ou qué?
os meus futuros fans xa mo diredes, e si vedes que me poño moi superfisial dádeme un toque, plis, e si me poño moi pesada e moi prufunda, tamén!

bikiños a todos e sobre todo, pasiensia, xa sabedes que son aljo vaja....... que lle vou faser... saín así!