sábado, 23 de febrero de 2008

hallelujah

teño que recoñecer que a publicidade é un elemento tremendamente enriquecedor da miña limitada cultura musical...
hai pouco descubrín esta canción gracias a repsol-butano...
pero gustaríame saber cal das versións vos gusta máis... eu persoalmente quédome coa de Jeff Buckley... q ca súa voz me pon os pelos de punta...

jeff buckley



rufus wainwright



john cale



leonard cohen



allison crowe


son todas moi boas, pero eu sigo quedándome coa voz de jeff buckley

a filosofía de Baloo

despois da visión neghra da vida de cris creo que eu vou incluír unha filosofía vital un pouco máis doce... é moi naif, pero tamén é certo que se consigues vivir a túa vida así serás feliz...
Cati, Álvaro... poñédello ó Nano, que seguro que lle encanta...
aquí xa están todos fartos de Mowgli e Baloo (excepto Manolecho que é capaz de velo 20 veces ó día se lle deixamos...)


martes, 19 de febrero de 2008

felicidades brother


hello brother...

xa sei que son unha desgraciada pero feliz día do teu santo Alvarito!


bicos á familia

jueves, 14 de febrero de 2008

my house


Ohhhhhhh, que bonito, que sitio máis chulo para vivir....
e.... quén vive aquí??? La meri, xD...
e quén me vai vir visitar???
cal dos meus amig@s preas???
who knows?


porque.... pa qué quere meri un sitio tan chulo si non ten colegas "decentes" que queiran vir comparti-lo con ela???
grrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrr
sodes do peor, todos, all of you.....

martes, 12 de febrero de 2008

un bo día

hoxe foi un bo día, xa parece que empezo a recuperarme do meu baixón físico e iso faime sentir moito mellor!!!
pronto estarei de volta

sábado, 9 de febrero de 2008

De BA a JR

O outro día cando che dediquei esta canción, pensaches que estaba de coña, Romero...
aquí vai, para tí e Chemita, unha introducción a un auténtico xenio...



aquí compartindo escenario con Kiko Veneno e Muchachito






Este que canta non é el, pero a canción sí que é súa, jajajja "something about Mary"
a que vos gusta máis que BA????

for a friend in love

Os amores son como as setas, que un non sabe se son venenosas ata que xa as comeu e é demasiado tardeeeeeeeeeeeee. Tristan Bernard.

xa sabes que é tarde, pero non te preocupes por eso e disfrutaaaaaaaaaaaaaaaa.
que envidiaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa

anxos sumai



ola xente, esta entrada é só pa recomendarvos un libro que acabo de ler, escrito por outra vikinga coma mín!!!

melodía de días usados, de Anxos Sumai

se alguén se anima só ten que pedirmo...
foi moi agradable descubrir que temos moitas cousas en común, ademáis de ser dúas vikingas...
xa disía eu que en Catoira tamén había xente con talento, non só en Porto e en Manselle!!!!!!!!!!!

domingo, 3 de febrero de 2008

añoro queiruga


necesito que volva pronto a primavera...


sábado, 2 de febrero de 2008

Porto Ceibe (Free Port)

Ou cando destinaron a Bruce Willis a Mugardos

Bueno, Mugardos ou cualquera outro lugar costeiro de esta nosa Galicia que, desenganémonos, é moito máis perigosa, surrealista e intensa que cualquera Wichita ou Wisconsin desas da América do Norte.

Free Port (Porto Ceibe) é a crónica de cómo un policía que ía para bombeiro e quedou en “too much fire” termina sendo trasladado dende a súa Norteamérica natal a un pobo costeiro da Galicia máis auténtica para tratar de resolver un crimen: o asasinato do señor alcalde.

Vamos, surrealismo en estado puro, cabalgando entre o cine negro de sempre e o clown máis esperpéntico.


Unha obra cun guión cheo de acenos –ese vampiro (literalmente falando) da SGAE que trata de sabotear as festas patronais é todo un fito- e cunha enorme concesión ó costumismo máis hilarante e divertido.


(de pé a gran actriz Encarna/ María do Caramelo)

Xogando cunha serie de lugares comuns –a viuva lesbiana, a señora do pobo, os funcionarios inútiles…- Free Port consigue arrancar sonrisas todo o tempo, e carcajadas frecuentemente.

Unha posta en escea con acento feminino –apenas tres homes entre o elenco, eso sí, protagonistas-, e unhas personaxes caricaturizadas ata o extremo para convertilas en cómplices dun espectador que ve reflexados nelas tódolos arquetipos dos dous mundos que converxen no guión: a Galicia profunda e ambigua e eses Estados Unidos de homes duros e damas negras.


Mención aparte para os papeis secundarios, desenrolados só ata o punto no que a imaxinación gaña a partida: o compañeiro aparentemente idiota, a dona galega que na escaleira non se sabe se sobe ou baixa (“non é que non sepamos, é que cada día é diferente, pero saber sabemos”), as prostitutas trepas e profesionais da masaxe…

Unha obra entretenida, divertida, sen pretensions transcendentais e perfecta para animar unha tarde cualquera. E de esas tampouco abundan, así que, que aproveite.