lunes, 30 de noviembre de 2009

aquí Paz e despois Gloria ou aquí Gloria e despois Paz


Teño unha mañá moi tonta, pero despois da noite que pasei é comprensible e perdoable.
Cando me levantei fun correndo a pola radio, como todas as mañás, e o primeiro que escoitei xa me alegrou o día: o Gloria de Mando Diao. É unha canción que me hipnotiza... podo escoitala unha e outra vez sin cansarme e sin pensar en nada máis, e esta mañá agradecín eses minutos de abstracción da miña realidade persoal para fuxir a un mundo distinto. Despois de oír a Mando Diao souben que o día non podía ir tan mal, sempre me queda o meu refuxio, ese lugar que me proporciona a música onde nada me pode facer mal, onde non hai sufrimento, onde non hai soedade.
Agora sae o sol. Xa todo pasou. Fun capaz de enfrontarme ós meus demos. Fun capaz de miralo ós ollos. E a pesares de que cando saín de casa me tremaban as pernas, unha vez alí recuperei a calma. Era eu soa contra él e o seu séquito de avogadas, non montadas nas súas escobas, montadas nos seus tacóns de agulla e non tiven medo. Os ecos de Mando Diao estaban alí conmigo (she's no longer your slave...)e fun quen de dicir non.
Non me vou rendir, non me vas quitar o que é meu... a miña dignidade.

domingo, 29 de noviembre de 2009

vai ser duro

Vai ser duro enfrentarme ó que me espera mañán... vai ser duro manter a serenidade alí soa, enfrente de ese "elemento"... pero máis duro vai ser durmir esta noite.
Recibín moitos consellos, recibín moitos apoios, pero nese momento estarei soa alí, diante del.
Non teño nada que perder. Dende que saín de alí todo para min é mellor (vale, excepto estar no paro!!!). Pero teño que dar este paso para comezar a pechar este capítulo desagradable da miña vida. Desagradable, pero moi enriquecedor. Agora sei que é o que non quero ser... non quero ser coma él. Quero ser mellor.

jueves, 12 de noviembre de 2009

Oda á Vagancia

Alá vai... un ano dende a miña última entrada xa!
E non podo dicir que fose por falla de tempo, nin por ter pouco que contar, só por pura vagancia.
Agora, que teño todo o tempo do mundo, sigo sin ter moitas ganas de contar cousas, pero digo eu, será como todo, cuestión de poñerse.

Seguro que o síndrome do ollo aburrido me axuda a atopar cousas que contar. Hoxe, sen máis, fun dar unha volta despois de comer. A miña intención era a de achegarme ó mar, porque aínda que vivo na Coruña, vivo bastante de costas a el. En fin, o caso é que ó final os meus pés leváronme cara o porto... e non vin o mar, só os inmensos guindastres do porto. Ó que ía, paseando pola beirarrúa do porto vin uns carteis que anunciaban a SEMANA DA CIENCIA '09, que se estende dende o 9 ata o 22 de Novembro. E digo eu, ¿eso non é un pouco máis dunha semana??? ben podían chamarlle a QUINCENA DA CIENCIA'09, non? serei unha tiquismiquis??? estarei padecendo de verdade o síndrome do ollo aburrido???

Se é así... o que me espera!!!