domingo, 9 de noviembre de 2008

Salvemos a FONTE GAITEIRA




a fonte antes do "multiusos"



orjullo de filla, jajaja, o clan dándoo todo!!!







Lendas Douradas



Esta semana Roi lanza o seu primeiro disco á marxe de Milladoiro. Parece ser que é unha mistura de música tradicional e poesía galega.
O venres pasado presentouno "extraoficialmente" en Cordeiro, na casa de cultura. Os que alí estiveron dín que está moi ben. Eu aínda non oín nada, pero coñecendo a Roi, seguro que será algo interesante.

sábado, 27 de septiembre de 2008

wild flowers

parecen fráxiles, pero non o son
son fermosas, pero ca máis simple das fermosuras
son salvaxes, e infinitas
a súa existencia non se limita a unha maceta
a un xardín

eu tamén quero ser silvestre


baby blue eyes


mexican hat


wine cup


scarlett flax


indian blanket

jueves, 28 de agosto de 2008

cine cine cine

remata o verán e volvemos ós vellos vicios: ó cineeeeeeeeeeeeeeeee

a semana que ven comenza un ciclo de cine na fundación caixa galicia titulado:

grandes golpes, grandes fuxidas



Ouro en barras (1951, Charles Chrichton)
O golpe (1973, George Roy Hill)
Rufufú dá o golpe (1960, Nanny Loy)
Un condenado a morte escapou (1956, Robert Bresson)
A xungla do asfalto (1950, John Huston)
Atraco perfecto (1956, Stanley Kubrick)
Atraco ás tres (1962, José Mª Forqué)
Un plan sinxelo (1998, Sam Raimi)
A fuga de Alcatraz (1979, Don Siegel)
A evasión (1960, Jacques Becker)
Nove raíñas (2000, Fabián Belinsky)

gustaríame velas todas, pero seguro que non vou poder... así que me agradecería que me aconsellárades (de momento xa temos entradas para O Golpe e A Xungla do Asfalto...

jueves, 21 de agosto de 2008

Campeóns



Sen palabras

miércoles, 20 de agosto de 2008

Babies

Non, non vos preocupedes...
non saltou o meu reloxio biolóxico nin nada polo estilo...
é que abrindo hoxe o meu correo atopei unhas fotos que me manda orgulloso papá Stu do seu retoño, Robert Stuart Neill-Ballantine, que naceu o 7 de Agosto (outro leo máis neste mundo..... que me toca aturar!!!) En fin, todo sexa polos meus sobriños postizos...
E como teño unha chea deles... vouvos ensinar as fotos de todos, pa que ningún papi/mami se queixe (os que non están e pq non teño fotos súas....)


Little Stu ou (como lle chama seu pai) Stuart Little


Little Emilja


Ana Patricia


Jacobo


Juanma

E por favor, ide parando, que xa está o planeta suficientemente superpoblado como para traer máis pitufiños a este mundo!!!
E ademáis, facedesme sentir vella.... grrrrrrrrrrrrrrr

martes, 12 de agosto de 2008

sechu sende: made in padrón???



aaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa
alguén me pode axudar????
cómo pode ser que ningúen coñeza a este tío, que naceu en padrón no 72???
estudiou con nos???
criouse no medio de todos nos???
morro coa curiosidade

lunes, 11 de agosto de 2008

familia olímpica


a ver si con un pouco de sorte.... un Paz consegue unha medalla en Pekín.
Ánimo Antón!!!

domingo, 3 de agosto de 2008

O curruncho de Anto

Ultimamente estou un pouco vaga de máis e non entro nada na nosa comunidade blogueira.
Dame moita pereza poñerme a escribir en serio e ademáis teño a cabeza despistada noutras cousas, das que debería empezar a olvidarme.

Así que esta entrada de hoxe voulla adicar a unha das miñas máis recientes adquisicións no campo da amizade. Porque cada día teño máis claro que son os bos amigos os que fan que pague a pena a miña vida. Espero que non se cabree por tomar prestada algunha das súas fotografías, porque o fago desde o cariño e a admiración máis sincera.





Anto, gracias por estar ahí.

jueves, 5 de junio de 2008

as miñas máis recientes obsesións

1. A vida social en internet... que da moito de sí, jejeje.
2. Os reis do ko (e esta non a comparto con ninguén!!!! aviso... son meus!!!)

3. Vincent Gallo

lunes, 12 de mayo de 2008

sí que levo tempo sen publicar!!!

jooooooooooooo
Cris, tiñas toda a razón do mundo...
por pouco nin eu mesma podo volver a entrar no blog...
cousas de sonymusic... ou como carajo se chame...
estaba pensando en quitar a jeff, pero vou probar primeiro se así me deixa cotorrear no blog, porque o certo é que me dá moita pena desfacerme de el...
POR QUÉ TERÍA QUE MORRER???? co bueno que estaba???

que asco de vida...

sábado, 23 de febrero de 2008

hallelujah

teño que recoñecer que a publicidade é un elemento tremendamente enriquecedor da miña limitada cultura musical...
hai pouco descubrín esta canción gracias a repsol-butano...
pero gustaríame saber cal das versións vos gusta máis... eu persoalmente quédome coa de Jeff Buckley... q ca súa voz me pon os pelos de punta...

jeff buckley



rufus wainwright



john cale



leonard cohen



allison crowe


son todas moi boas, pero eu sigo quedándome coa voz de jeff buckley

a filosofía de Baloo

despois da visión neghra da vida de cris creo que eu vou incluír unha filosofía vital un pouco máis doce... é moi naif, pero tamén é certo que se consigues vivir a túa vida así serás feliz...
Cati, Álvaro... poñédello ó Nano, que seguro que lle encanta...
aquí xa están todos fartos de Mowgli e Baloo (excepto Manolecho que é capaz de velo 20 veces ó día se lle deixamos...)


martes, 19 de febrero de 2008

felicidades brother


hello brother...

xa sei que son unha desgraciada pero feliz día do teu santo Alvarito!


bicos á familia

jueves, 14 de febrero de 2008

my house


Ohhhhhhh, que bonito, que sitio máis chulo para vivir....
e.... quén vive aquí??? La meri, xD...
e quén me vai vir visitar???
cal dos meus amig@s preas???
who knows?


porque.... pa qué quere meri un sitio tan chulo si non ten colegas "decentes" que queiran vir comparti-lo con ela???
grrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrr
sodes do peor, todos, all of you.....

martes, 12 de febrero de 2008

un bo día

hoxe foi un bo día, xa parece que empezo a recuperarme do meu baixón físico e iso faime sentir moito mellor!!!
pronto estarei de volta

sábado, 9 de febrero de 2008

De BA a JR

O outro día cando che dediquei esta canción, pensaches que estaba de coña, Romero...
aquí vai, para tí e Chemita, unha introducción a un auténtico xenio...



aquí compartindo escenario con Kiko Veneno e Muchachito






Este que canta non é el, pero a canción sí que é súa, jajajja "something about Mary"
a que vos gusta máis que BA????

for a friend in love

Os amores son como as setas, que un non sabe se son venenosas ata que xa as comeu e é demasiado tardeeeeeeeeeeeee. Tristan Bernard.

xa sabes que é tarde, pero non te preocupes por eso e disfrutaaaaaaaaaaaaaaaa.
que envidiaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa

anxos sumai



ola xente, esta entrada é só pa recomendarvos un libro que acabo de ler, escrito por outra vikinga coma mín!!!

melodía de días usados, de Anxos Sumai

se alguén se anima só ten que pedirmo...
foi moi agradable descubrir que temos moitas cousas en común, ademáis de ser dúas vikingas...
xa disía eu que en Catoira tamén había xente con talento, non só en Porto e en Manselle!!!!!!!!!!!

domingo, 3 de febrero de 2008

añoro queiruga


necesito que volva pronto a primavera...


sábado, 2 de febrero de 2008

Porto Ceibe (Free Port)

Ou cando destinaron a Bruce Willis a Mugardos

Bueno, Mugardos ou cualquera outro lugar costeiro de esta nosa Galicia que, desenganémonos, é moito máis perigosa, surrealista e intensa que cualquera Wichita ou Wisconsin desas da América do Norte.

Free Port (Porto Ceibe) é a crónica de cómo un policía que ía para bombeiro e quedou en “too much fire” termina sendo trasladado dende a súa Norteamérica natal a un pobo costeiro da Galicia máis auténtica para tratar de resolver un crimen: o asasinato do señor alcalde.

Vamos, surrealismo en estado puro, cabalgando entre o cine negro de sempre e o clown máis esperpéntico.


Unha obra cun guión cheo de acenos –ese vampiro (literalmente falando) da SGAE que trata de sabotear as festas patronais é todo un fito- e cunha enorme concesión ó costumismo máis hilarante e divertido.


(de pé a gran actriz Encarna/ María do Caramelo)

Xogando cunha serie de lugares comuns –a viuva lesbiana, a señora do pobo, os funcionarios inútiles…- Free Port consigue arrancar sonrisas todo o tempo, e carcajadas frecuentemente.

Unha posta en escea con acento feminino –apenas tres homes entre o elenco, eso sí, protagonistas-, e unhas personaxes caricaturizadas ata o extremo para convertilas en cómplices dun espectador que ve reflexados nelas tódolos arquetipos dos dous mundos que converxen no guión: a Galicia profunda e ambigua e eses Estados Unidos de homes duros e damas negras.


Mención aparte para os papeis secundarios, desenrolados só ata o punto no que a imaxinación gaña a partida: o compañeiro aparentemente idiota, a dona galega que na escaleira non se sabe se sobe ou baixa (“non é que non sepamos, é que cada día é diferente, pero saber sabemos”), as prostitutas trepas e profesionais da masaxe…

Unha obra entretenida, divertida, sen pretensions transcendentais e perfecta para animar unha tarde cualquera. E de esas tampouco abundan, así que, que aproveite.


domingo, 27 de enero de 2008

ensaio sobre a felicidade



A felicidade non consiste en adquirir e gozar, senón en non desexar nada, pois consiste en ser libre. Epicteto de Frigia.

Moitas persoas se perden as pequenas alegrías mentras agardan a gran felicidade. Pearl S. Buck.

Os homes olvidan sempre que a felicidade humana é unha disposición da mente e non unha condición das circunstancias. John Locke

Existen dúas maneiras de ser feliz nesta vida, unha é facerse o parbo e a outra se-lo. Sigmund Freud.

Algún día en calquera parte, en calquera lugar atoparaste indefectiblemente a ti mesmo, e esa, só esa, pode ser a máis feliz ou a máis amarga das túas horas. Pablo Neruda

Unha muller pode ser feliz con calquer home mentras que non o ame. Oscar Wilde e máis eu.

Buscamos a felicidade, pero sen saber ónde, como os borrachos buscan a súa casa, sabendo que teñen unha. Voltaire (1694-1778)





viernes, 25 de enero de 2008

Kusturica & the No Smoking Orchestra

Onte fun a ver o concerto que deron no Coliseum da Coruña Emir Kusturica e a Non Smoking Orchestra.
Foi impresionante, había tempo que non disfrutaba tanto nun concerto!!!
Ademáis de un tremendo director de cine é todo un showman!
David, xa cambiei de guitarrista favorito.... síntoo son unha traidora.
De momento cambio a Compañía pola Non Smoking Orchestra



Emir Kusturica facendo de David, jejej









e como non, para que entredes en ambiente....