domingo, 20 de diciembre de 2009

DECÁLOGO DE RESISTENCIA DO GALEGO

1. Fala en galego sempre que poidas. Coa familia, cos amigos e amigas etc. Fai o propósito de falar en galego a quen sabes que te entende aínda que até o de agora lles falases en castelán.
2. Respecta a aquelas persoas que che falen noutra lingua, mais exixe que tamén as outras persoas respecten a túa.
3. Diríxete en galego a todos e todas: na rúa, por teléfono, no centro de ensino, no traballo. Verás que te entenden. Continúalles a falar en galego, aínda que che respondan noutro idioma.
4. Ás persoas que coñezas que entenden o galego coloquial, mais mostran curiosidade por algún termo que ignoran, explícalles o significado desas palabras, axudándoas a ampliar o vocabulario. Se alguén se esforza en falar o noso idioma, axúdalle e demóstralle que valoras o seu comportamento.
5. Respecta as diferenzas locais da lingua. Coñece as particularidades de cada zona. Esta é a riqueza do galego, como a de todas as linguas.
6. Toma a decisión de escribir todos os apuntamentos, notas, correos electrónicos e cartas en galego. A partir de hoxe pon sempre o teu nome en galego. Fai mudar os teus papeis, impresos, rótulos etc. Sería ben triste que por aforrar uns pequenísimos gastos deixásemos de contribuír á expansión do noso idioma.
7. Faite subscritor/a de publicacións escritas total ou en boa parte en galego. Le libros, asiste a espectáculos teatrais, musicais, cinematográficos, visita páxinas web etc, na nosa lingua.
8. Exixe de todos, mesmo das institucións máis rutineiras, que che escriban en galego. Faino amabelmente. Non perdas o tempo e os nervios en pelexas cos inimigos declarados da lingua do país. Déixaos de lado, ignóraos.
9. Se tes como lingua familiar o castelán, interésate pola nosa lingua. Loita contra a inxustiza fomentada durante tantos anos. Toda a represión dunha lingua é un acto de barbarie. E sobre todo tenta falala e escribila, porque a mellor defensa de calquera lingua é o seu uso.
10. Se sentes un bloqueo psicolóxico, como adoita ocorrer para pasar a falar en galego con persoas e en ambientes en que sempre falaches castelán, comeza por usalo cos descoñecidos, a practicalo en situacións novas, para ilo introducindo despois na túa esfera habitual. Non te avergoñes dos defectos de pronuncia ou escrita; respectar o galego mais a distancia, "sen rompelo nin lixalo", iso si que deteriora o idioma.

miércoles, 2 de diciembre de 2009

xa vale coa SGAE...

e coa súa menestra de Cultura!!! (uy, a este paso vanme cobrar canon ata a mín, ou peor, igual me bloquean).
Xa é hora de que deixen de poñerse parvos cos dereitos de autor, e que pensen un pouquiño a quén lle deben o que son os catro jilipichis que tanto dereito reclaman: de qué tradición cultural mamaron para ser o que hoxe son??? qué pasaría se os seus mestres, lles cobraran dereitos de autor por ensinarlles a ler, a escribir, a pensar, a cantar???
e as súas nais, por parilos???
Cantas máis insensateces escoito de esta peña... máis medo me dan. Non sei onde acabaremos... menos mal que nos queda o copyleft.

lunes, 30 de noviembre de 2009

aquí Paz e despois Gloria ou aquí Gloria e despois Paz


Teño unha mañá moi tonta, pero despois da noite que pasei é comprensible e perdoable.
Cando me levantei fun correndo a pola radio, como todas as mañás, e o primeiro que escoitei xa me alegrou o día: o Gloria de Mando Diao. É unha canción que me hipnotiza... podo escoitala unha e outra vez sin cansarme e sin pensar en nada máis, e esta mañá agradecín eses minutos de abstracción da miña realidade persoal para fuxir a un mundo distinto. Despois de oír a Mando Diao souben que o día non podía ir tan mal, sempre me queda o meu refuxio, ese lugar que me proporciona a música onde nada me pode facer mal, onde non hai sufrimento, onde non hai soedade.
Agora sae o sol. Xa todo pasou. Fun capaz de enfrontarme ós meus demos. Fun capaz de miralo ós ollos. E a pesares de que cando saín de casa me tremaban as pernas, unha vez alí recuperei a calma. Era eu soa contra él e o seu séquito de avogadas, non montadas nas súas escobas, montadas nos seus tacóns de agulla e non tiven medo. Os ecos de Mando Diao estaban alí conmigo (she's no longer your slave...)e fun quen de dicir non.
Non me vou rendir, non me vas quitar o que é meu... a miña dignidade.

domingo, 29 de noviembre de 2009

vai ser duro

Vai ser duro enfrentarme ó que me espera mañán... vai ser duro manter a serenidade alí soa, enfrente de ese "elemento"... pero máis duro vai ser durmir esta noite.
Recibín moitos consellos, recibín moitos apoios, pero nese momento estarei soa alí, diante del.
Non teño nada que perder. Dende que saín de alí todo para min é mellor (vale, excepto estar no paro!!!). Pero teño que dar este paso para comezar a pechar este capítulo desagradable da miña vida. Desagradable, pero moi enriquecedor. Agora sei que é o que non quero ser... non quero ser coma él. Quero ser mellor.

jueves, 12 de noviembre de 2009

Oda á Vagancia

Alá vai... un ano dende a miña última entrada xa!
E non podo dicir que fose por falla de tempo, nin por ter pouco que contar, só por pura vagancia.
Agora, que teño todo o tempo do mundo, sigo sin ter moitas ganas de contar cousas, pero digo eu, será como todo, cuestión de poñerse.

Seguro que o síndrome do ollo aburrido me axuda a atopar cousas que contar. Hoxe, sen máis, fun dar unha volta despois de comer. A miña intención era a de achegarme ó mar, porque aínda que vivo na Coruña, vivo bastante de costas a el. En fin, o caso é que ó final os meus pés leváronme cara o porto... e non vin o mar, só os inmensos guindastres do porto. Ó que ía, paseando pola beirarrúa do porto vin uns carteis que anunciaban a SEMANA DA CIENCIA '09, que se estende dende o 9 ata o 22 de Novembro. E digo eu, ¿eso non é un pouco máis dunha semana??? ben podían chamarlle a QUINCENA DA CIENCIA'09, non? serei unha tiquismiquis??? estarei padecendo de verdade o síndrome do ollo aburrido???

Se é así... o que me espera!!!