jueves, 14 de enero de 2010

Enquisa: qué Jesus Vazquez prefires como conselleiro de educación????











Mirádeo que mono!!! Con su bufandita... se parece un galán de telenovela!!!
Do que non ten pinta é de conselleiro de educación... e claro, co decretazo do galego... acábao de confirmar: el te es más un hombre de acción que de educación... animalito.
Pois eu sigo coa miña teima: un cambio. O Jesus Vazquez presentador para a consellería (total peor xa non se pode facer) e o Jesus Vazquez conselleiro para a illa de Supervivientes, pero non de presentador!!! Eu mandábao de concursante, con Jorge Javier, Belén Esteban, Jesus Mariñas e a Patiño, que aí si que había de estar na súa salsa... rosa. A darlle bicos ás lampreas.



viernes, 8 de enero de 2010

Folerpiñas brancas e frrrrrrrrrrrrrias!

Pero qué frio fai!!! Esta mañán intentei ir a Compostela en coche e a medio camiño tiven que dar volta xa que a estrada estaba cuberta de xeo e parecía máis ben unha pista de patinaxe...
Onte, mentres andaba polas rúas de Compostela en busca de piso, comezou a nevar. Caían folerpiñas brancas e frias que non duraban máis de un segundo antes de se desfaceren. Qué ledicia! E qué frio!!!
Ri, penso no frío que debe facer por Lugo e non paro de tiritar! Qué ghaniñas de pasar calor, un pouquichiño só...

domingo, 3 de enero de 2010

Eufalo.tv

Desesperando xa!!! Despois de ver esto... quedei con ganas de máis, moito máis!!! Parabéns á Navalla Suíza.