coa cantidade de citas, encontros (chamémoslle x) musicáis
que podemos atopar este verán nun espacio tan PERIFÉRICO
coma Galicia..... e arredores.....
mentras buscaba o programa da Festa da Carballeira de Zas
lugar ó que nos diriximos en sacra peregrinación
na procura dunha inmersión folky

atopei o cartel dos concertos de Paredes de Coura,
e non podedes crer o que atopei...
Cris, esta vai para tí, o 14 de Agosto sabes quén toca???
Siiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii
Architecture in Helsinki!
Incredible....

Pero síntoo na alma, eu non podo ir....
teño unha cita IMPORTANTE ese día
Pa que logo digan que tes gustos freakies.....

Pois íso non é nada.... tamén en Paredes de Coura,
e agora mesmo na praia de Riazor tocan

Siiiiiiiiiiiiiiiiiiii
os New York Dolls!!
mamma mía
E por si fora pouco....
Rosendo en Ferrol
Barón Rojo e Jabon Blue en Muros
Manu Chao, Deluxe en Vigo
Lamatumbá e A Matraca Perversa no Millarock
e como olvidalos.....
os nosos favoritos...
A Compañía do Ruido no Carballiño (SenUnCan)
tras o seu espectacular concerto en Sarandón
(casa de cristo, km arriba, km abaixo)
do cal fomos testemuñas privilexiadas
nos, que non tivemos a sorte de saudar
á mascota do xabarín clube....

E non vou falar da Compañía do Ruido sen poñer
unha foto dos meus dous Compañeiros favoritos....
o que me dá chupas... o meu taberneiro prefe
e o que me dá disjustos...jrandullón


Donde se pode atopar máis????
A parte de no E-mule???
E pa rematar, prejúntome eu....
e
CANDO VOLVERÁN OS MEUS IDOLATRADOS????
A PASAR POR AQUÍ???
43 comentarios:
Frase do día (06-08-07):"O home cree sempre ser máis do que é, e estímase menos do que vale." (Goethe.)
Holaaaaaaaaa Mary, que tal esas vacacións, espero e supoño que ben, pero tou moi decepcioná xa que non tiña nin idea de q est finde pasado foi a festa vikinga na túa terra, e non me avisastes. MOI MOI MOI MAL. Pero bueno, ti tranquila, xa busquei outros quefaceres máis "tranquiliños".
Oes, olvidásteste de dúas grandes citas desta fin de semana, entre outros, por suposto. A primeira o "superconcerto de Alejandro Sanz " no multiusos do Sar en Santiago, acompañado de Shakira, bueno, si se lle pode dicir acompañado, xa que tan só cantou con ela a última canción do concerto. E en segundo lugar, pero non menos importante, a "Superazafaifa Soraya" nas festas do verán de Riveira.
Frase do día (07-08-07):"Só temo ós meus inimigos cando empezan a ter razón." (Jacinto Benavente.)
Frase do día (08-08-07):"A enfermidade do ignorante é ignorar a súa propia ignorancia." (Amos Bronson Alcott.)
Frase do día (09-08-07):"A experiencia non ten ningún valor ético. É simplemente o nome que damos ós nosos errores ." (Óscar Wilde.)
Ola Lauriñaaaaaaaaa,
xa ves, aquí unha non perde nen un minuto!! o sábado fun a Zas, alá arriba, para ir a Festa da Carballeira, que estivo xenial...
fumos uns 20, more or less, eu ía con Rita e Cris (as tres mosqueteiras) pero integrámonos aló cunha pandilla enorme de Noia (como non, de onde ían ser...), de colegas de Moncho, o compañeiro de piso de Rita...
pero... a mellor noticia... imaxina a quen atopei aló exercendo de folky.... (velo para creélo)
nin máis nin menos que a RRHH
aaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa
cun look entre ei carballeira e donde está mi velero...
pero bueno, cada un fai o que pode.....
Bikiños a todos, pero o máis jrande járdao pa tí corasón..
e xa nos vemos...
P.D. non che avisei para a vikinga pq eu non ía estar, e sen min, non vale para nada...
pero igual volvo a casa o xoves, para o RIP..
vémonos!!!!
Frase do día (10-08-07):"A felicidade non consiste nas moitas cousas poseídas, senón no modo de gozalas, aínda que sexan menos." (Fr. Adr. Suárez.)
Frase do día (11-08-07):"O éxito ten moitos pais, pero o fracaso é orfo." (Kennedy.)
Frase do día (12-08-07):"Os que máis se lamentan son os que sufren menos." (Tácito.)
Frase do día (13-08-07):O home é o único ser sensible que se destruye a sí mismo en estado de libertad.(Thomas.)
Frase do día (14-08-07):"Hai persoas que empezan a falar un momento antes haber pensado." (Jean de la Bruyère.)
Frase do día (15-08-07):"O malo de facer suxerencias intelixentes é que un corre o perigo de que se lle asigne levalas a cabo." (Anónimo.)
Frase do día (16-08-07):"A tontería colócase sempre en primeira fila para ser vista; a intelixencia detrás para poder ver." (Carmen Sylva.)
Frase do día (17-08-07):"O optimista cre nos demáis e o pesimista só cre en sí mesmo." (Gilbert Keith Chesterton.)
Frase do día (18-08-07):"Sin verdadeiras necesidades, non hai verdadeiros placeres." (Voltaire.)
Frase do día (19-08-07):"A maioría das persoas son como alfileres: as súas cabezas non son o máis importante." (Jonathan Swift.)
Frase do día (20-08-07):"A lectura é o viaxe dos que non poden tomar o tren." (F. De Croisset.)
Frase do día (21-08-07):"O que sabe ler xa sabe a máis difícil das artes." (Duclós.)
Frase do día (22-08-07):"Gran médico é o tempo por vello e por experimentado." (Baltasar Gracián.)
Frase do día (23-08-07):"Cantas menos necesidades teñades, máis libres seredes." (César Cantú.)
Frase do día (24-08-07):"A metade do mundo non pode comprender os praceres da outra metade." (Jane Austen.)
Frase do día (25-08-07):"Si cada cual se ocupase do seu, o mundo daría voltas máis apresa." (Lewis Carroll.)
Frase do día (26-08-07):"Primeiro o home aprende na vida a andar e falar. Máis tarde, a sentarse tranquilo e manter a boca pechada." (Marcel Pagnol.)
Brujitaaaaaaa... te nos estas quedando sin frases??? Qtal va el coffee de cada día sin María ni yo? Seguro que María está disfrutando tanto de sus vacaciones como yo!!! Bikiños á tropa do café matutino!
Frase do día (27-08-07):"Tódolos homes estamos feitos do mesmo barro, pero non do mesmo molde." (Proverbio mexicano)
Frase do día (28-08-07):"Cando o diñeiro fala, a verdade cala." (Proverbio chino.)
Frase do día (29-08-07):"O diñeiro non da a felicidade, pero aplaca os nervios." (Mistinguett.)
Frase do día (30-08-07):"Cando se trata de diñeiro todos son da mesma relixión." (Voltaire.)
Frase do día (31-08-07):"Toma consello no viño, pero decide con auga despois." (Benjamin Franklin.)
Frase do día (01-09-07):"A ignorancia vacila entre a extrema audacia e a extrema timidez." (Paul Valéry.)
Frase do día (02-09-07):"As ideas non duran moito. Hai que facer algo con elas." (Anónimo.)
Frase do día (03-09-07):"Gústanme máis os sonos do futuro que a historia do pasado." (Thomas Jefferson.)
Frase do día (04-09-07):"Manda o que pode e obedece o que quere." (Alessandro Manzoni)
Frase do día (05-09-07):"É curioso, pero só cando ves ás persoas facer o ridículo, te das conta do moito que as queres." (Agatha Christie.)
Frase do día (06-09-07):"Falar moito de sí mesmo pode ser un medio de agocharse." (Friedrich Nietzche.)
Frase do día (07-09-07):"En tanto que haxa alguén que crea nunha idea, a idea vive." (José Ortega y Gasset.)
Frase do día (08-09-07):"Ningún descubrimento se faría xa si nos contentásemos co que sabemos." (Lucio Annaeo Séneca.)
Frase do día (10-09-07):"O aburrimento é unha mala herba, pero tamén unha especia que fai dixerir moitas outras." (Johann Wolfgang von Goethe.)
Frase do día (11-09-07):"Toda a auga dos ríos non sería suficiente para lavar a man ensangrentada dun homicida." (Esquilo.)
Publicar un comentario